HERDANZAS: CERTIFICADOS DE FALECEMENTO, DE ÚLTIMAS VONTADES E DE SEGUROS DE VIDA

Despois da morte dun ser querido, debemos realizar moitas xestións para as que necesitaremos  ter o certificado de falecemento, o certificado de actos de últimas vontades e o certificado de seguros.

Puesta De Sol, Ocaso, Cielo, Paisaje

Cando unha persoa morre, deixa tras de si unha serie de cousas das que era dono, nalgúns casos tamén débedas, vehículos, contas no banco, con cartos ou sen eles, tarxetas de crédito, redes sociais,  unha líña de teléfono móbil etc…

Comeza entón para os seus achegados a tarefa de extinguir as obrigas e os dereitos dos que era titular esa persoa que xa faleceu e supón a realización dunha serie de trámites.

Pero quen ten que facer os trámites e por onde  se debe comezar.

Certificado de falecemento

Para realizar calquera xestión, do tipo que sexa, relativa a unha persoa falecida o primeiro que hai que ter en conta é que hai que demostrar que esa persoa morreu.

Pasados uns días,  o falecemento constará inscrito no rexistro civil onde tivera lugar e calquera pesoa pode obter un certificado de falecemento do defunto. Pode solicitarse nos rexistros civiles,  ben de xeito presencial ou telemática e é gratuíto.

Para algún trámites basta presentar o certificado de falecemento e a documentación que acredite o noso grado de parentesco, por exemplo o libro de familia no caso de pais, fillos e cónxuxe ou as certificacións de nacemento e matrimonio, senón atopamos o libro de familia.

Certificado de últimas vontades

Para saber quen son os herdeiros dunha persoa, o primeiro paso e coñecer se fixo ou non testamento. Se queremos saber se hai testamento ou non, o primero que debemos facer e solicitar o certificado de últimas vontades.

Transcorridos 15 días hábiles dende o falecemento (descontando sábados, domingos e festivos), poderemos pedir o certificado de actos de últimas vontades.

Calquera persoa pode pedir este certificado sen acreditar ser parente ou herdeiro, de xeito telemática ou presencial, abonando a taxa correspondente para cada un. Unha vez solicitados, poden ter un atraso de ata 3 meses, polo que non convén facer canto antes a solicitude.

O certificado de actos de últimas vontades informa se a persoa falecida fixo ou non testamento:

Se o falecido fixo testamento, no certificado indícanos a notaría e a data na que o fixo. Con esta información, pódese obter unha copia do testamento na notaria que sexa, agora ben, só teñen acceso o testamento as persoas que aparezan mencionadas nel ou os parentes directos do finado que acrediten esta condición.

Se o falecido non fixo testamento, os herdeiros veñen determinados pola lei. Neste caso é necesario facer notariamente una declaración de herdeiros, nunha notaría do lugar onde morrera o defunto.

Os herdeiros, legatarios e lexitimarios, no caso de acepten o que e lles deixou o defunto, deberán presentar os impostos correspondentes.

Certificado de seguros de vida

O certificado de seguros de vida indica se o falecido tiña algunha póliza de seguro con cobertura para o falecemento e cal é a aseguradora.

Se o certificado mostra que existía algún seguro, compre solicitar a póliza, se non se atopa entre as pertenzas do defunto, e comprobar se estaba vixente ese ano mediante o pago da prima.

Os beneficiarios do seguro son os que o falecido designara na propia póliza, sexan ou non herdeiros.

Como profesional avogada con máis de vinte anos de experiencia no sector con despacho aberto na cidade de Pontevedra. Encárgome de facer todo tipo de trámites relativos as herdanzas con seriedade e eficiencia. Se vostede non quere ou non pode realizar algún trámite, pode contactar comigo e encargareime de facelos por vostede.